O grupo de baile formouse en Carril, un pobo mariñeiro do Concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, pertence á Asociación Cultural do mesmo nome fundada en 1987, integrándose a ela en maio de 1993.
Nº de componentes
Está formado por 35 xoves, estudiantes e traballadores, repartidos en :
Grupo de baile - Grupo de pandeireteiras/os - Grupo de gaitas - Furtivos
que se unen co obxectivo de recuperar e difundi-lo folclore, polo cal se alterna o labor de investigación polas vilas e aldeas de Galicia, coa exibición de músicas e bailes dentro e fóra do territorio nacional.
O vestiario
A indumentaría que presentamos nas actuacións, abarca os variados traxes tradicionais, tanto de "Garda" coma de "Cotio", utilizados nas aldeas galegas e cada baile leva o seu propio vestiario.
Colaboracións
O grupo colabora habitualmente co Concello de Vilagarcía para actuar polas distintas festas da vila; tamén ten un convenio coa Deputación de Pontevedra.
Escola malveiras
Actualmente temos escola de gaita baile e pandeireta en colaboracion co Gato Negro de Carril